Tripulación pescadeRías: Mónica Miranda
04/07/2025
Este mes incorporamos á nosa Tripulación pescadeRías a Mónica Miranda, compradora de marisco.
Falamos con ela na lonxa de Muros, un dos centros de primeira venda que visita a diario para mercar marisco galego para conserveiras e depuradoras.
Acompañámola para coñecer de preto en que consiste o seu traballo e o ritmo trepidante da súa xornada. Ser compradora non é só mercar: é revisar, poxar, seleccionar, falar coa clientela, pesar, cargar, conducir… e volver empezar!
Un traballo que require ollo experto, rapidez e compromiso coa pesca artesanal galega para ofrecer o mellor á súa clientela.
Podes ver o vídeo aquí.