Tripulación pescadeRías: Gumersindo Feijóo

pescadeRias

Este mes, en Tripulación pescadeRías, conversamos con Gumersindo Feijóo, director do CRETUS da Universidade de Santiago de Compostela, para coñecer como a investigación pode contribuír a avanzar cara a unha pesca máis sostible.

Durante a entrevista abordamos cuestións como a pegada de carbono dos peixes e mariscos, a taxa de retorno enerxético e a relación entre nutrición e sustentabilidade. Feijóo explica como estes indicadores permiten analizar os produtos pesqueiros desde diferentes perspectivas.

Tamén nos achega ao ecoetiquetado e ao proxecto Pescaenverde, centrado en avaliar e comunicar o impacto ambiental dos produtos pesqueiros. Ademais, coñeceremos os novos proxectos de investigación e divulgación relacionados coa pesca artesanal galega nos que está a traballar.

Podes ver a reportaxe aquí.