Taller pescadeRías en Fene: “ameixas, tesouros con cuncha”
05/09/2015
Sabemos o importante e duro que é o traballo do mar e a riqueza que nos ofrece en Galicia. Este é o obxectivo do taller que se vai a celebrar o vindeiro sábado en Fene. Achegar ese mundo ao consumidor e axudarlle a descubrir todo o que lle poden ofrecer os produtos pesqueiros das nosas costas. Neste caso, as protagonistas serán as ameixas: distinguir as diferentes especies, cómo se capturan e as vías de comercialización. Non nos esquecemos da importancia da depuración e das indicacións para un consumo seguro destes moluscos. Os asistentes poderán coñecer de preto o proceso na depuradora da Confraría de Barallobre. Suso Rubido, profesor da Escola de Hostalería IES Fraga do Eume, de Pontedeume, aconsellará como cociñalas e ofrecerá un showcooking no que elaborarán dúas tapas: maki sushi de ameixa rubia mariñada en cítricos e espuma de mar con ameixa babosa e xelatina de apio. Actividade gratuita previa inscripción: 981 49 27 07 Carpa da II Festa Mariñeira de Fene (diante da Confraría de Barallobre)