TALLER DA MEMORIA
24/04/2014
Os alumnos do Taller da Memoria do Concello de Sanxenxo foron os privilexiados protagonistas da xornada "O pedigree das nosas rías", organizada por este Concello en colaboración con Porto de Cambados, empresa comercializadora de vieira galega. No acto, celebrado o 9 de abril no Salón Pena de Cambados, degustáronse pratos elaborados con produtos da zona e certificados pescadeRías como vieira, chocos, navallas e cabala. Cociñeiros do máis alto nivel como Iván Dominguez, Javier Olleros de Culler de Pau, Antonio Botana de Pandemonium, Xosé Torres Cannas de Pepe Vieira Camiño dá Serpe, e Rodrigo Lojo de Faro Punta Cabalo fixeron unha exhibición práctica de cociña dedicada aos asistentes ao Taller.
Empresas locais como Artesa Rías Baixas, Mariscos Malliño, Pescadería Mar de Arousa, Divina Panadería, Confraría de Tragove-Cambados, Adegas Albamar, Adegas Terra de Lantaño e Porto de Cambados achegaron os seus produtos para a xornada.