Semanas do Mar de Ourense

Semanas do Mar de Ourense

Todo a punto para as Semanas do Mar de Ourense, do 3 ao 21 de abril na Aula Municipal de Cociña.

Luns 3 e 17, charlas-coloquio sobre manipulación e limpeza do peixe dirixidas a profesionais e ao público en xeral. Showcooking a cargo de Flavio Morganti​ (Restaurante Galileo).

Martes 4 e 18, obradoiros sobre diferenciación e identificación de moluscos, e recoñecemento da frescura do peixe dirixidas a consumidores. Prepararán as tapas degustación  Emma Pinal do Gastrobar O Birrán​ e Héctor López López​ do Restaurante España​.

Consulta o programa aquí.