Seguimos formando ao alumnado de Hostalería no programa “Do mar ao prato”

Formación en centros

O alumnado dos ciclos medio e superior de cociña do IES de Foz e do IES San Xillao de Lugo asistiron nestes días a unha charla informativa impartida polo equipo técnico de pescadeRías, ¿de onde se non? Puideron coñecer os grupos biolóxicos e especies certificables, as artes de pesca, e os requisitos para obter a certificación do selo de calidade, e tamén as empresas certificadas a día de hoxe, tanto para a comercialización en fresco como de produto transformado.

As actividades enmárcanse dentro do Programa “Do mar ao prato”, organizado pola Consellería do Mar.