Salón Internacional de Turismo Gastronómico XANTAR

pescadeRias

Este fin de semana estivemos no Salón Internacional de Turismo Gastronómico XANTAR, en Ourense. Acudiu tamén a Confraría de Pescadores de Ferrol, entidade certificada pola marca pescadeRías de onde se non? 

As cociñeiras Emma Pinal, do Gastrobar O Birrán de Ribadavia e Criselda Iglesias, do Espazo Gastronómico Remollo, xunto con Gerson Iglesias, do Restaurante Erva, ubicado no Hotel Oca Vila de Allariz, foron os encargados das degustacións guiadas de produtos do mar certificados.