Salón de Gourmets. Madrid, 2015

Salón de Gourmets

Do 13 ao 16 de abril celebrouse a XXIX edición do Salón de Gourmets. Un ano máis, numerosas empresas galegas acudiron a esta cita integradas no stand institucional da Xunta de Galicia, cunha sala de catas na que se deron a coñecer ó numeroso público os produtos da nosa comunidade.
Cabe destacar o interese espertado pola confraría de pescadores de Cangas, que acudiu a este evento xunto a outras confrarías do GAC 7.
O día 13, no Taller dos sentidos, Nacho Costoya e Taki, de "Catering Boketé", presentaron "pescadeRías ¿de onde se non? Lo mejor de nuestra pesca artesanal", sesión na que os asistentes puideron degustar un mariñado de vieira pescadeRías á mandarina, espeto de polbo frito pescadeRías con fariña de millo, maionesa de ourizos de mar e ensalada de algas pescadeRías, todo iso acompañado por viños da D.O. Ribeiro.
Tamén estiveron presentes na feira outras firmas certificadas como Paco Lafuente, Grupo Delgado ou Frinsa, que o martes 14 fallou o concurso Talentos en conserva by Frinsa. Trátase da primeira edición dun certame creado pola firma co obxectivo de encontrar e servir de trampolín para as futuras promesa da gastronomía española.