Sabor a Cedeira

Cedeira

A Confraría de Pescadores e o Concello de Cedeira, no marco do proxecto Pesca de Costa - CEDEIXURA, realizaron o vídeo Sabor a Cedeira co obxectivo de visibilizar a calidade diferencial e a trazabilidade dos produtos da pesca de baixura e do marisqueo en Cedeira. O vídeo amosa tamén o traballo do sector minorista da peixería Costa Ártabra e da peixería Rosa, así como do restaurante Vilavella, todos eles adheridos ao selo pescadeRías. Preme aquí para ver o vídeo.

Ademais, organizaron 2 showcooking dirixidos ao sector da hostalaría na Confraría de Pescadores de Cedeira con peixes e moluscos bivalvos certificados da Lonxa desta localidade dirixidos polos cociñeiros Iñaki Bretal, do restaurante O Eirado, e por Miguel A. Campos, do restaurante A Gabeira, ambos tamén adheridos a pescadeRías, ¿de onde se non?.