Proxecto piloto de etiquetado individual de peixes

Proxecto piloto de etiquetado individual de peixes

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2012. Nas vindeiras semanas, pescadeRías poñerá en marcha un proxecto piloto para promover o etiquetado individual de peixes co logo da marca. O proxecto desenvolverase inicialmente en cinco lonxas: Baiona, Bueu, Cangas, Fisterra e Portonovo, e distribuiranse 10.000 etiquetas en cada lonxa. O sistema de etiquetado consistirá nun navete curto que incorporará unha etiqueta rectangular, onde se incluirá o logo da marca, o nome da lonxa e unha numeración de control. As etiquetas colocaranse preferentemente nos peixes de maior talla, empregando pistolas de uso alimentario. Preténdese con este sistema que o coñecemento da marca de calidade chegue ao consumidor de forma directa.