pescadeRías, de onde se non? no Mercado do Mar

pescadeRías, ¿de onde se non? no Mercado do Mar

Os días 21 e 22 de setembro tivo lugar unha nova edición do Mercado do Mar dentro do Festival Mar de Mares, na explanada do Parrote en A Coruña.

Ademais de contar cun punto de información, o sábado 21, produtos certificados polo selo pescadeRías, de onde se non?, foron preparados durante a mostra de cociña en directo “Tesouros das nosas rías” levada a cabo por Ana Portals, de Solleiros Espazo Gastronómico.O público participante puido degustar tres fantásticos pratos con fanecas, berberechos e navallas procedentes da nosa pesca artesanal como protagonistas.