pescadeRías de onde se non?, na Xornada Territorio e Alimentación

pescadeRias

O pasado 6 de febreiro celebrouse a Xornada Territorio e Alimentación: construíndo identidade e valor compartido, organizada polo Clúster Alimentario de Galicia e a Fundación Juana de Vega.

Ramón Fernández Conchas, xefe de servizo de Mercados da Pesca da Consellería do Mar, participou na mesa Indicacións de calidade e marcas territoriais: claves de éxito, e falou da marca pescadeRías de onde se non? como exemplo de ferramenta para poñer en valor a orixe, a calidade diferenciada e o traballo da pesca artesanal galega. A sesión abordou o papel das indicacións de calidade e das marcas territoriais na construción de identidade e na xeración de valor compartido ao longo da cadea alimentaria.