A pescada: un megaalimento para os nenos

PescadeRias

O peixe e o marisco son o grupo de alimentos con mellor taxa de retorno enerxético en forma proteica, en relación á súa pegada de carbono.

Gumersindo Feijoo, coautor da marca Pescaenverde da Universidade de Santiago de Compostela, explícanos neste artigo a importancia de establecer hábitos saudables e respectuosos co medio ambiente nas xeracións futuras e de como a pescada pode axudarnos no proceso polo seu sabor, textura, versatilidade, alto contido nutricional e baixa pegada de carbono.