Peches de campaña do ourizo

pescadeRias

A campaña de extracción de ourizo de mar (Paracentrotus lividus) en Galicia chegou ao seu fin o pasado 30 de abril. Comercializáronse máis de 540. 000 kg deste equinodermo nas lonxas galegas desde outubro do ano 2025 a abril do ano 2026 cun valor no mercado de 6.892.665,53 millóns de euros.

A veda manterase ata o outono, cando poderá retomarse a actividade nos meses de outubro ou novembro, dependendo das zonas e dos plans de xestión das entidades.

Este peche temporal coincide coa etapa de reprodución natural da especie, que adoita producirse nos meses de marzo e abril.