Peches de campaña
01/04/2025
Aprobado o Plan experimental para a xestión do polbo (Octopus vulgaris) para a campaña 2025/26 mediante a Resolución da Consellería do Mar de 26 de marzo de 2025. O novo Plan recolle unha parada temporal da actividade durante o mes de abril e unha veda biolóxica durante os meses de maio e xuño.
O pasado 31 de marzo foi o último día autorizado para o emprego do bou de vara e bou de man na ría de Arousa. As especies que se capturan con estas artes son a volandeira (Aequipecten opercularis), la zamburiña (Mimachlamys varia) así como outras especies demersais.
Tamén pechou o período de captura do lumbrigante (Homarus gammarus), que abrirá de novo o 1 de xullo.