Obradoiros de cociña e chef estudio

Obradoiros de cociña e chef estudio

Durante o mes de maio poderemos asistir aos obradoiros de cociña e chef estudio coas que a Mancomunidade do Salnés quere dar a coñecer a pesca de cerco e as súas posibilidades na cociña. Pepe Solla (Restaurante Casa Solla), Ángel León (Restaurante Aponiente), Beatriz Sotelo (Restaurante A Estación), Antonio Botana (Restaurante Pandemonium), Xavier Olleros (Restaurante Culler de Pau) e Iván Dominguez (Alborada) son algúns dos cociñeiros que van a participar nestas demostracións culinarias con especies capturadas con esta técnica, como son a xarda, a sardiña e o chincho. Todo o peixe que se vai utilizar nos obradoiros e nas demostracións en directo é peixe certificado pescadeRías, procedente da lonxa de Cambados.