O sorteo Experiencia pescadeRías xa ten persoas premiadas
16/01/2026
Xa coñecemos ás persoas gañadoras do sorteo Experiencia pescadeRías, unha iniciativa coa que quixemos achegar ao público o valor da pesca artesanal galega e dos produtos certificados pola marca pescadeRías de onde se non?
As persoas premiadas nesta edición son Miriam García Pouso e Xurxo García Castro. Cada unha delas poderá desfrutar da experiencia acompañada por unha persoa da súa elección, compartindo así unha vivencia ligada ao mar, ao produto e ao traballo do sector pesqueiro e marisqueiro galego. Está previsto que a actividade se celebre o vindeiro 18 de febreiro, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Visitarán unha zona de marisqueo, o Porto de Tragove e as empresas certificadas pola marca Porto de Cambados S.L. e Real Conservera Española S.L. Nesta última terá lugar a cata de conservas galegas.
Desde pescadeRías de onde se non? agradecemos a alta participación e o interese amosado por coñecer a orixe, a calidade e a trazabilidade dos nosos peixes e mariscos.