Vostede está aquí

O selo pescadeRías incrementa o valor dos produtos da Lonxa de Ribeira

Publicado o mércores, 22 Maio 2019 14:37
O selo pescadeRías incrementa o valor dos produtos da Lonxa de Ribeira

A Lonxa de Ribeira, unha das principais lonxas de pesca artesanal de Galicia, aposta polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? como marca de garantía para poñer en valor os peixes e mariscos que comercializa.

Dende a súa certificación en 2018, incrementou a cotización media dos produtos, así como o número de profesionais do comercio minorista, restauración, sector da distribución e sector transformador que acoden diariamente á lonxa para realizar as súas compras. 

Cabe destacar que os responsables de xestión da lonxa apostan polo etiquetado individual de peixes nos exemplares de maior calidade.

Podes atopar máis información neste artigo de La Voz de Galicia.

Compartir en redes sociais