Novo restaurante adherido: Liresca
22/05/2024
Damos a benvida á marca a Liresca, unha antiga casa de labranza do século XIX que foi restaurada preservando o encanto das aldeas galegas para prestar o servizo de aloxamento e cociña.
En Liresca apóstase por unha cociña onde os protagonistas son os produtos locais, frescos e de proximidade, procedentes do mar e a terra que nos rodea.
Os pescados e mariscos proceden da lonxa de Fisterra e das cofradías da Costa da Morte, apoiando deste xeito aos pequenos produtores e a pesca artesanal.