Liresca
- Liresca
-
Lugar de Lires, 31
15138 Cee (Coruña, A) - 981464395
- info@liresca.com
- https://liresca.com/
LIRESCA é unha antiga casa de labranza do século XIX que foi restaurada preservando o encanto das aldeas galegas para prestar o servizo de aloxamento e cociña.
Situada en Lires, en pleno corazón da Costa da Morte, pola súa porta pasa a Ruta Peregrina do Camiño de Santiago que conduce de Fisterra a Muxía, e a Ruta e o Camiño dos Faros (Nemiña-Fisterra), así como varias rutas de sendeirismo e BTT.
En Liresca apóstase por unha cociña onde os protagonistas son os produtos locais, frescos e de proximidade, procedentes do mar e a terra que nos rodea.
Os pescados e mariscos proceden da lonxa de Fisterra e das cofradías da Costa da Morte, apoiando deste xeito aos pequenos produtores e a pesca artesanal.