Novo restaurante adherido: A artesa da moza crecha

pescadeRias

Coa máxima de "Innovación na Tradición", Lolo Mosteiro e Paula Martínez dirixen A Artesa da Moza Crecha, restaurante no que se combina orixinalidade con cociña tradicional galega e cociña de autor.

Produtos galegos, verduras, carnes e peixes da comarca e viños, entre eles, os viños da Indicación Xeográfica Protexida "Viño da Terra de Betanzos", son algúns dos moitos produtos da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo que se poden degustar na Moza Crecha, xa que para a elaboración das súas exquisitas receitas utilizan produtos de proximidade, de Km0 e sempre de tempada.

Dámoslle a benvida á marca.