A Artesa da Moza Crecha
- A Artesa da Moza Crecha
-
Rúa Afolí, 7
15300 Betanzos (Coruña, A) - 622468417
- mozacrecha@gmail.com
- https://www.facebook.com/artesadamozacrecha
Coa máxima de "Innovación na Tradición", Lolo Mosteiro e Paula Martínez dirixen este restaurante no que se combina orixinalidade, con cociña tradicional galega e cociña de autor. Produtos galegos, verduras, carnes e peixes da comarca e viños, entre eles, os viños da Indicación Xeográfica Protexida "Viño da Terra de Betanzos", son algúns dos moitos produtos da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo que se poden degustar na Moza Crecha, xa que para a elaboración das súas exquisitas receitas utilizan produtos de proximidade, de Km0 e sempre de tempada.
A súa especialidade son os Menús Degustación nos que están moi presentes, en todos eles, a tempada e os produtos da marca da Reserva.
A Moza Crecha ofrece tres zonas con tres ambientes diferentes nunha mesma localización: Un Restaurante con capacidade para 25-30 persoas para gozar dun menú degustación, un comedor privado para celebrar comidas na intimidade con capacidade para 15-20 persoas e un Patio cuberto con dúas mesas con vistas ao Río Mandeo en pleno paseo fluvial.
Conta cos distintivos "Restaurante da Biosfera", Restaurante "Soy Ecoturista", "Restaurante km0" e "Restaurante Ecociña no Camiño", entre outros. Tamén con premios e distincións relacionadas co ámbito gastronómico e co seu compromiso medioambiental.