Novo axente certificado: Lonxa de A Pobra do Caramiñal

Novo axente certificado: Lonxa de A Pobra do Caramiñal

A Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal acaba de obter a certificación da marca pescadeRías, ¿de onde se non?. Esta entidade comercializará os bivalvos, cefalópodos, peixes e crustáceos que pasan pola súa lonxa baixo este selo de calidade que identifica a nosa pesca artesanal.

A actividade desenvolvida polos profesionais pertencentes a esta Confraría está centrada case en exclusiva no marisqueo nas súas diversas variantes, sendo a actividade pesqueira residual.