Mercado do Mar no Festival Mar de Mares

pescaDerias

Un ano máis, estivemos no Mercado do Mar de A Coruña coa cata Tesouros da nosa pesca artesanal, e pratos elaborados a base de vieira e cabra de altura por Javier Freijeiro e Moncho Bargo do Restaurante Pracer.

As persoas asistentes puideron visitar as entidades certificadas Mariscos de Barallobre e Porto Muiños, e gozar dun tapeo mariño a cargo de A Artesa da Moza Crecha, restaurante adherido á marca. Cociñaron produtos certificados de Artesa Rías Baixas e Pescados Rabina.