María Muiños únese á tripulación pescadeRías

Tripulación pescadeRías

Este mes en Tripulación pescadeRías conversamos con María Muíños, responsable da Lonxa de Canido, xestionada pola Confraría de Pescadores Vigo. Con ela coñecemos de preto como funciona unha lonxa, desde a organización interna ata o proceso de venda ao público. María tamén nos fala da importancia de apostar polo consumo de peixe e marisco fresco, capturado pola nosa frota artesanal, e do valor engadido que achegan en termos de calidade, sostibilidade e confianza.

Unha oportunidade única para achegarnos ao traballo e á dedicación das persoas que fan posible levar o mellor do mar ás nosas mesas.

Podes ver o vídeo da entrevista aquí.