Vostede está aquí

A Lonxa de Cedeira amplía o alcance da súa certificación a cefalópodos

Publicado o luns, 18 Marzo 2019 09:00
A Lonxa de Cedeira amplía o alcance da súa certificación a cefalópodos

Desde a pasada semana, a lonxa de Cedeira etiqueta o polbo e o choco que comercializa baixo o selo pescadeRías, ¿de onde se non?, tras ampliar o alcance da súa certificación a cefalópodos a primeiros de marzo.

O pósito desta localidade ten certificados tamén os peixes, os crustáceos e os bivalvos. Estes últimos poden ser adquiridos polo público en xeral na depuradora da Confraría.

Compartir en redes sociais