A Lonxa de Canido, protagonista da portada do Atlántico!

pescadeRias

Hoxe o Atlántico Diario publica un artigo sobre a Lonxa de Canido, xestionada pola Confraría de pescadores de Vigo, axente certificado por pescadeRías de onde se non? para a comercialización de bivalvos, cefalópodos, crustáceos, peixes, algas, antozoos e equinodermos.

Ademais da súa actividade con profesionais do sector maiorista, minorista e restauración, dispoñen dun punto de venda directa ao público na propia lonxa, onde podes atopar produtos frescos e de máxima calidade, capturados de xeito artesanal.

Podes ler o artigo completo aquí.