Vostede está aquí

IV Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia

Publicado o luns, 21 Outubro 2019 17:37
IV Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia

Do 17 ao 20 de outubro, celebráronse as IV Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia cun amplo e variado programa, organizadas pola Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia.

O xoves, 17 de outubro, os cociñeiros Iván Domínguez (Restaurante NaDo), Daniel López (Restaurante O Camiño do Inglés), Fernando Agrasar (Restaurantes As Garzas e Salitre), Cristian Santiago (Restaurante Marea) e Óscar Vidal (Asador O Pazo), coñeceron de primeira man o marisqueo na Ría de Muros-Noia e a calidade do produto, a selección do berberecho na lonxa e o proceso de depuración. Xa pola tarde, ofreceron unha masterclass co Berberecho de Noia como ingrediente principal.

Preme aquí para ver un vídeo das actividades realizadas.

Durante as xornadas, tamén houbo showcookings, encontros de secretarios de confrarías de pescadores e xornadas técnicas de debate. A degustación popular aprazouse para o domingo 27 de outubro.

Compartir en redes sociais