Interese nutricional dos produtos da pesca
27/11/2020
O consumo habitual de produtos da pesca fomenta unha dieta sana e equilibrada, tanto en persoas adultas como en nenos e nenas. Son moitos os organismos oficiais que así o recomendan e basean esas mesmas recomendacións en diversos estudos nutricionais, que relacionan este consumo habitual con estados de saúde máis favorables.
Premendo aquí podes acceder ao artigo no que María Bustabad Álvarez indícanos os aspectos nutricionais máis destacados dos produtos frescos ou en conserva procedentes da pesca artesanal e do marisqueo.
María Bustabad Álvarez é Licenciada en Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos pola Universidade de Vigo e cun Máster Universitario en Nutrición.