Inicio da veda do lumbrigante
01/04/2022
O 1 de abril comeza a veda do lumbrigante (Homarus gammarus), que finalizará o vindeiro 1 de xullo.
O lumbrigante é un crustáceo de corpo robusto e cor azul escura xaspeada con dúas potentes pinzas de desigual tamaño con dentes finos e serrados. É unha especie de crecemento lento, o cal obriga a se moi rigorosos cos tamaños de captura e vedas para previr o seu esgotamento.