Inicio da campaña da vieira na Ría de Arousa

Vieira

Este luns comezan as extraccións de vieira na Ría de Arousa.

A vieira procedente de Galicia, que podemos atopar nos mercados tanto fresca como conxelada, cumpre con todos os requisitos de seguridade alimentaria, tras pasar por estritos controis analíticos establecidos na ORDE de 15 de xaneiro de 2002 pola que se regula a extracción e comercialización de vieira (Pecten maximus).