III Foro Galicia sabe Amar

PescadeRias

pescadeRías de onde se non? estivo presente no III Foro Galicia sabe Amar que se celebrou en A Coruña o 8 de novembro. Este foro estivo centrado na relación que ten #acociñadomar co territorio poñendo en valor a orixe, a tradición e a calidade dos produtos do mar. Contou coa participación de profesionais do mar e da restauración, entre outros ámbitos.

Persoal técnico da marca participou na mesa redonda Do mar ao prato, a cadea do mar e impartiu o obradoiro de diferenciación de especies de moluscos bivalvos, ademais de dinamizar a degustación de especies certificadas menos coñecidas