II Xornadas do Mar de Cangas

Gustavo Soliño

Estivemos na Praza de Abastos de Cangas colaborando no Obradoiro de pesca sostible organizado pola Asociación de Restauradores de Cangas - ARECA con motivo das "II Xornadas do Mar de Cangas". Os asistentes puideron degustar productos locais procedentes da pesca artesanal preparados polos cociñeiros Juan Souto do Restaurante A Curva e Gustavo Soliño de Pandemillo taberna galega: Rinchas en salsa donostiarra e cazón en tempura de millo roxo.

Descarga aquí o cartel cos restaurantes que participan na ruta de tapas.