Gastrónoma Valencia

Gastrónoma Valencia

A marca pescadeRías de onde se non? estivo presente na X edición de Gastrónoma Valencia que se celebrou do 26 ao 28 de outubro.

As catas de produtos certificados pescadeRías de onde se non? estiveron a cargo de Alberto Carou, do restaurante Curral do Marqués de Taragoña, Marcos Cabanas del restaurante El Olivo de Narón e Emma Pinal do Gastrobar O Birrán de Ribadavia e Marcos Arufe do Espazo Remollo de Ames.

O evento contou cun stand institucional da Consellería do Mar no que participaron dez empresas coexpositoras, entre elas as certificadas pola marca: Fish Factory S.L., a Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre, Costas y Miñán S.L., Artesa Rías Baixas S.L. e Conservas La Brújula S.L.