Foros gastronómicos Galicia sabe a mar

PescadeRias

pescadeRías, ¿de onde se non? estará presente nos cinco foros gastronómicos enmarcados na campaña Galicia sabe amar. Coa #aCociñaDoMar, as cidades da Coruña, Vigo, Ourense, Lugo e Santiago de Compostela acollerán charlas, mesas redondas, obradoiros de cociña e degustacións ao longo do segundo semestre deste ano.

No acto de presentación que tivo lugar en Santiago de Compostela o 21 de xuño, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares sinalou que o obxectivo principal da iniciativa é animar á cidadanía a consumir os produtos do mar de xeito local e responsable, así como poñer en valor o labor dos/as profesionais da cadea mar-industria e tamén o das cociñeiras e cociñeiros cos que conta a comunidade. No evento estiveron presentes Yayo Daporta –propietario do seu restaurante homónimo en Cambados–, Moncho Méndez –de Millo Orzán, na Coruña–, Lucía Freitas, –da Tafona e a Barra Gastronómica Lume, en Santiago–, Daniel Guzmán –de Nova, en Ourense– e Héctor López –do restaurante España, en Lugo– que ofreceron o seu saber facer ao público asistente a través de distintas degustacións.