Formación sobre a marca no CIFP Manuel Antonio de Vigo
09/11/2026
O pasado 6 de novembro, o equipo de xestión de pescadeRías de onde se non? impartiu unha charla-obradoiro no CIFP Manuel Antonio de Vigo, dirixida ao alumnado de Dirección de Cociña e Comercialización de Produtos Alimentarios.
A sesión tivo un enfoque práctico, co fin de achegar aos futuros profesionais da hostalaría e da comercialización alimentaria o valor da pesca artesanal galega e dos seus produtos.
Falamos da marca, do etiquetado e da trazabilidade, da seguridade alimentaria e das ferramentas dixitais para coñecer os produtos do mar. Tamén aprenderon a identificar moluscos bivalvos, consultar os tamaños mínimos e recoñecer os indicadores de frescura do peixe.