Formación a entidades certificadas: Mariscos Islas Cíes
01/04/2026
O equipo de pescadeRías de onde se non? desenvolveu o pasado mes unha sesión formativa co equipo de Mariscos Islas Cíes S.L., nas súas instalacións en Domaio.
A formación centrouse en aspectos clave relacionados coa hixiene alimentaria e a correcta manipulación dos produtos pesqueiros, co obxectivo de reforzar os estándares de calidade e seguridade ao longo de toda a cadea de valor.
Durante a xornada abordáronse boas prácticas no manexo, conservación e preparación do produto, así como a importancia da trazabilidade e do cumprimento da normativa vixente.
Con este tipo de accións, a marca continúa a traballar para garantir a excelencia, a seguridade alimentaria e o bo facer no sector.