Formación con sabor a mar!
31/07/2025
Visitamos o Obradoiro Labora Hostalaría do Patronato Beiramar de Moaña para impartir a charla A marca da pesca artesanal de Galicia: pescadeRías de onde se non?
O alumnado, que se está formando en cociña e sala, coñeceu os valores e garantías da marca pescadeRías, ademais da importancia da trazabilidade e do respecto polos tamaños mínimos de comercialización.
A sesión incluíu unha parte práctica de identificación de especies, achegando a realidade da pesca artesanal galega aos futuros profesionais da hostalaría.
Un paso máis cara a unha gastronomía consciente, sustentable e ligada ao territorio.
Podes ver un vídeo resumo da sesión aquí.