Fin da campaña da vieira e inicio da campaña da zamburiña na ría de Ferrol

PescadeRias

O cinco de maio rematou a campaña da vieira na ría de Ferrol, que comezara o pasado 6 de marzo. Os puntos de descarga desta especie foron as lonxas de Ferrol e Barallobre e a súa evisceración foi realizada polas empresas autorizadas Vieiras de Ferrol, S.L. e Artesa Rías Baixas, S.L. As 4 entidades están certificadas polo selo pescadeRías.

Por outra banda, o día 5 de maio comezou a campaña da zamburiña nesta mesma ría.