Etiqueta Negra Gourmet

pescadeRias

Do 8 ao 10 de novembro celebrouse en Pontevedra a novena edición da feira ETIQUETA NEGRA. Gourmet galego e innovación inspiradora.

O domingo día 9 tivo lugar o showcooking GALICIA SABE AMAR: pescadeRías de onde se non?, a cargo de Héctor López do Restaurante España de Lugo. Presentou dúas fantásticas creacións con robaliza e berberechos certificados. Unha boa oportunidade para amosar a riqueza e a calidade dos produtos da pesca artesanal galega.

Participaron na feira as empresas certificadas Costas y Miñán S.L., Insuapesca S.L. e OPP Noia.