Estrelas Solidarias no Camiño de Santiago

pescaDerias

Un ano máis, o restaurante Casa Barqueiro organizou o evento gastronómico solidario Estrelas no Camiño de Santiago, a beneficio da Asociación Galega Síndrome X Fráxil. O evento tivo lugar o 10 de xuño na Finca Casa Barqueiro situada no Lugar de Gonte, A Coruña, e contou coa participación de prestixiosos chefs Estrelas Michelín.

De xeito complementario, no mes de maio levouse a cabo a campaña Bocado Solidario, en colaboración con Estrella Galicia e as cinco asociacións de hostalería de Galicia. Cada un dos restaurantes que participaron deseñou un Bocado Solidario e, de cada consumición deles, destinou unha doazón en favor da Asociación Galega Síndrome X Fráxil.

Dentro de este evento, os produtos certificados pola marca pescadeRías de onde se non? foron protagonistas dos menús gastronómicos. Preto de 40 profesionais da cociña que suman más de 80 Estrelas Michelín tiveron a oportunidade de coñecer en directo as bondades dos produtos certificados pola marca.

Preme aquí para ver un vídeo do evento.