Especies de tempada: sargo común

sargo común

O sargo común (diplodus sargus) é un peixe semigraxo que podemos atopar frecuentemente nos mercados procedente da pesca artesanal.

O seu corpo é ovalado, alto e comprimido e a súa boca é pequena. De cor gris prateada, posúe unhas liñas estreitas verticais que baixan desde o lombo, máis marcadas nos exemplares máis novos. No nacemento da súa cola teñen unha mancha negra. Está totalmente recuberto de escamas grandes e visibles. O seu tamaño máis habitual é de entre 20 e 25 cm, aínda que pode alcanzar os 45.

Os exemplares máis grandes pódense preparar ao forno, os medianos quedan moi ben á grella e os máis pequenos á prancha. Un prato saboroso, sinxelo e nutritivo.

Se queres saber máis sobre esta especie, pica aquí para ver unha ficha.