Especies de tempada: a agulla

A agulla

A agulla (Belone belone) é un peixe azul, de corpo alongado e estreito, de cor verdosa con brillos prateados na zona do lombo. As súas mandíbulas, armadas con dentes afiados, rematan en punta, de aí o seu nome, e miden case o dobre que a súa cabeza. A espiña e as escamas teñen tonalidades azuis verdosas moi características. Posúe unha carne compacta moi saborosa que pode acoller diferentes preparacións na cociña: fritida, afumada, guisada con patacas ou pasta, en empanada, tostas ou ensaladas. Tamén en escabeche e á prancha. Aproveita para degustala nesta tempada.

Se queres saber máis sobre esta especie, preme aquí para ver unha ficha.