Especie do mes: zamburiña
25/05/2023

A zamburiña (Chlamys varia) é un pectínido de recoñecida calidade pola súa fina e delicada carne e o seu intenso sabor a mar.
As súas valvas, de cor violácea, son máis alongadas cas da volandeira e presentan unha soa orella. A súa carne é rosada, violácea ou crema, cunha gónada das mesmas tonalidades.
Captúrase desde embarcación con rastro de vieira ou volandeira, maioritariamente na Ría de Ferrol, onde este mes de maio comezou a campaña para esta especie.
Se queres saber máis sobre este bivalvo preme aquí para ver unha ficha.