Especie do mes: solla

PescadeRias

A solla é un peixe branco que se atopa a pouca profundidade nas zonas de esteiros e dos tramos finais dos ríos. Seguramente a teñades visto nos mercados xa que é un peixe bastante prezado pola súa carnosidade.

Entre os seus valores nutricionais destaca o seu alto contido en ácidos graxos omega 3, en vitaminas A, B12, C e D e en selenio e fósforo. Preme aquí para ver unha ficha sobre esta especie.