Especie do mes: o lumbrigante

pescadeRias

O lumbrigante galego é un dos mariscos máis prezados pola súa calidade gastronómica. Vive en fondos rochosos de ata 150 metros, aínda que se localiza sobre todo por debaixo dos 40. Captúrase de forma artesanal con nasas e, ocasionalmente, con artes de enmalle.

É unha especie de crecemento lento. Aliméntase de cefalópodos e pequenos peixes, e destaca polo seu alto valor nutricional: achega proteínas, Omega-3, vitaminas do grupo B e minerais como fósforo, zinc e selenio. Comercialízase fresco e consúmese principalmente nos meses de verán. Cocido, á prancha ou en arroces, o lumbrigante galego é sinónimo de sabor do mar.

Amplía a información aquí.