A especie do mes: Ameixón

PescadeRias

O ameixón (Callista chione) é un molusco bivalvo de gran tamaño que pode acadar os 10 cm de lonxitude, sendo 6 cm o seu tamaño mínimo de captura. As súas valvas son lisas, duras e brillantes, de cor pardo vermella ou rosada. A meirande parte das extraccións realízanse na zona de Muros.

O ameixón é unha especie pouco coñecida e consumida en Galicia pero moi apreciada noutras zonas. Se queres saber máis, preme aquí para ver unha ficha.