ESCARAPOTE DE PEDRA

PescadeRias

O escarapote de pedra (Scorpaena scrofa) é un peixe semigraxo que posúe un corpo robusto, alongado, cuberto de repregues e espiñas.

A súa cor dominante é a vermella, aínda que pode variar entre rosácea e vermella parda. Presenta unhas manchas pardas que se espallan tamén polas aletas.

Vive nos fondos rochosos, agochado entre as pedras e a vexetación. Aliméntase de crustáceos, moluscos e diferentes especies de pequenos peixes.

Podes atopar máis información sobre esta especie neste enlace.