Equiocio
31/07/2024
Do 1 ao 4 de agosto celébrase en Ferrol o certame hípico e de lecer familiar Equiocio 2024. Os produtos do mar de Galicia certificados pola marca pescadeRías de onde se non? daranse a coñecer en tres showcooking conducidos polos cociñeiros Marcos Cabanas, do Restaurante El Olivo de Narón e Borja García, do Restaurante Indómito de Santiago de Compostela.
O xoves, os produtos protagonistas das catas da marca serán as algas e os mariscos; o venres, a ameixa rubia e a xarda; e o sábado, de novo as algas.
Colaboran a Confraría de Pescadores de Barallobre e a Confraría de Pescadores de Ferrol.