Do Mar ao Prato: O alumnado dos centros de hostalaría visita as vilas costeiras

Do Mar ao Prato: O alumnado dos centros de hostalaría visita as vilas costeiras

Comezan as visitas pedagóxicas dos centros de hostalaría de Galicia a vilas costeiras para dar a coñecer o significado da marca pescadeRias, ¿de onde se non?, os requisitos e o seu funcionamento, así como o etiquetado e a trazabilidade dos produtos certificados en colaboración co programa de promoción e difusión dos produtos do mar galegos Do Mar ao Prato.

O alumnado de hostalería do CIFP Compostela foi o primeiro en participar do programa cunha visita aos bancos marisqueiros de Cambados, ás instalacións de eviscerado de vieira, ao porto, onde puideron ver o traballo das redeiras, e á lonxa desta localidade.